O segredo das trompetas

Deixar un comentario

Durante o Imperio romano o uso das trompetas herdadas de gregos e etruscos adquire unha gran importancia social. Estaban fabricadas en prata e bronce e recibían diferentes nomes: buccina, cornus, salpinx, aduba, clario, tubesta, lituus ou argia entre outros, así como diversas formas rectas ou curvas. A máis coñecida de todas elas era a tubesta ou tuba que media 117 cm e era de forma cónica, con 1 cm de diámetro na embocadura. O tubo cónico era de bronce, cunha embocadura móbil e un pavillón lixeiramente ensanchado; a tuba era utilizada na infantería, pero tamén tivo grande importancia nos combates de gladiadores xunto coa trompa e o órgano hidráulico, utilizándose ocasionalmente en determinados sacrificios relixiosos.

Os corpos de trompetistas romanos favoreceron o desenvolvemento das trompetas utilizándoas para chamamentos, fanfarras militares e civís. Nas esculturas romanas pódese observar que as trompetas aparecían en todas as procesións.

Tanto a Biblia como Homero na Ilíada corroboran a importancia da trompeta nas cerimonias relixiosas primitivas e o do seu uso nas batallas, incluso apúntase na Biblia que o son brillante das trompetas foi o causante da caída da cidade de Xericó.

Descoñecemos, se na homenaxe que van facerlle a Baltar, os próceres do desenvolvemento industrial e social da cidade, caeran os muros da sinvergoña, ou do aillamento,  que os compañeiros do “xefe” someten a Ourense.

Así mentras seguimes a agardar o cumprimento das promesas, e para non mirar o descaro ou desprezalo, aqui vos deixamos co segredo da trompeta, unha fermosa curta de Javier Fesser.

E un máis, de propina adicado a Luis Ciges, tamén de Javier Fesser.

 

Advertisements

O lume de Mogambo

Deixar un comentario

Din que co lume, hai un efecto beneficioso e rexenerador, posto que permite un rápido restablecemento do cultivo. No lume interior, activa as endorfinas que transmiten unha sensación de benestar e renovación.

Pero que pasa, cando se descontrola, ou  cando xogas co lume? -Obviamente, todo pode irse ao carallo.

Na fogata de hoxe, é necesario retroceder a unha persoaxe anónima:

Dorothy Millette,  foi esquecida durante anos nun sanatorio mental. O seu lume interior, prendeu, cando descubríu polos xornais que o seu ex-marido Paul Bern, acaba de casar coa rutilante estrela da Metro Goldwyn Mayer,  Jean Harlow (A Marilyn dos anos 20-30) .

Así -supostamente- teceu un plan de vinganza;  Nunca se demostrou verdadeiramente, que Paul Bern (o seu marido ata entón) se suicidara. Tampouco quedou claro, se a propia Jean Harlow (A nova muller)  o fixo. Tan só existe unha evidencia,  e unha cousa clara; á MGM foi avisada antes que a Policía, revisou a escea do crime para un día despois, dar conta do sucedido. Non lle interesaba o escándalo, xa que éste morreu, tres días antes da estrea de  “Terra de paixóns” (Red dust).

Neste  flamíxero episodio escuro, e antes que o triángulo do mal*  se aplicará nos EE.UU ( código Hays), filmouse  “Red Dust” (rodada en 1932 por Victor Fleming),  que xa entón contou con Clark Gable como protagonista.  Jean Harlow interpretaba o papel que logo protagonizaría Ava Gardner e Mary Astor o de Grace Kelly.

As principais diferencias é que aquela estaba ambientada en Indochina, e que o filme rodouse integramente, dentro dos estudios; fervendo auga e empapando a fronte dos actores para conquerir a suor tropical e soltando os mosquitos antes de cada plano.

A posterior revisión(Rodada por John Ford en 1953) Mogambo contaba, como Vic Marswell (Clark Gable) cazador que organiza safaris,e que ten un pequeno hotel, xunto cunha relación coa atractiva Eloise Kelly (Ava Gardner).

Chega un matrimonio estadounidense, que contrata os servicios de Marswell para filmar gorilas en liberdade.  A esposa (Grace Kelly) queda impresionada polo maduro cazador, e namórase perdidamente de él. A súa vez, Marswell síntese afagado, e crese namorado dela. Eloise Kelly contempla esta situación con ciumes, dor e incredulidade. Parece que as relacións entre as parelllas vaise quebrar  irremediablemente.

Na dobraxe ao castelán,  o código de censura franquista fixo que mudaran os diálogos da película para evitar que se produxera adulterio no argumento, e convirtíu así, aos persoaxes de Grace Kelly e a Donald Sinden en irmáns, en vez de  matrimonio. (Co que “fastidiaron aínda máis o pecado”, convertindo en incesto a relación citada)

Mogambo destaca pola súa atipicidade. Nin Ford era un cineasta afín aos postulados da MGM, nin os actores -principais e secundarios- tiñan compañía estable, nin por suposto,  África era o territorio preferido por un home, que tiña a súa paisaje particular nas inmensas chairas do Monument Valley. Pero aínda que este filme non encaixa na súa personalidade, co seu estilo e mundo propio, o cineasta irlandés puxó  toda a súa sabeduría na realización, intachable, e ata confiríu á historia un talante innegablemente fordiano. Sen grandes acenos, sen excesivas pretensións, con esa aparente simplicidade que se desprende da contemplación dos auténticos clásicos, Ford realizou unha película divertidísima, dinámica, vital enérxica e romántica que hoxe,  proporciona un sinceiro pracer. Amor e  aventuras se mesturan, como mandan os canons, nunha trama convencional que a propia maxia do cinema da época fai trascender a graos de fascinación sen lindes. 

Ford, que calificaría a película como “unha de tigres e tetas”, aceptou o proxecto pola posibilidade de rodar en África, do mesmo xeito que o plantel actoral, nesa mestura de exotismo e perigo; animais salvaxes e guerras tribais. Moitos membros do equipo técnico, incluso Ford, levaban habitualmente unha pistola ao cinto (a pesar da presencia constante dunha garda de trinta homes, máis a protección puntual dos Fusileiros de Lancashire).

A rodaxe costou a vida a tres persoas, entre elas o axudante de dirección de Ford, e houbo unha ducia de feridos (entre eles, o propio Gable, que caíu por un precipicio).

Gable, daquelas estaba solteiro, e os planos disimulaban os seus tremores provocados polo alcolismo de oito anos. Inexplicablemente,  só discutíu unha vez con Ford, ao querer repetir un plano, e éste dar media volta. Durante a rodaxe,  Clark Gable e Grace kelly  non se separaron; daban longos paseos collidos da man, e cazaban xuntos. Ford tamén estaba seducido polo estilo e porte da actriz.

Así que o Estudio, a pesar dos reparos iniciais a Grace Kelly,  comprendeu enseguida os beneficios do namoramento anunciando… «Espléndidas relacións entre Grace Kelly e Clark Gable na escea de amor das cataratas». 

A rendición da bela e glacial Grace, ao macho que as impresiona cos seus recursos de caza, derrumba todos os tabúes, e impresiona. (queda ademáis, demostrado na actualidade, cando un monarca de determinado país, é incluso moralmente apaleado mediáticamente, por aqueles que o sustentaban) 

Así que cuidado coa caza, e con Mogambo; que hai moito lume no seu interior

———————————————————–

* Os tres principios fundamentais de Hays, eran:

  1. Non se producirán filmes que rebaixen os principios morais de aqueles que as vexan. Por consiguente, nunca se debe dirixir a simpatía do público ao crime, o mal ou o pecado.
  2. Se presentarán  principios de vida correctos, suxeitos soamente aos requisitos do drama e o entretenemento.
  3. A lei, natural ou humana, non será ridiculizada, nin se creará simpatía á súa violación

A violencia é a clave

Deixar un comentario

Existe na ordeada e pulcra Suiza, unha pequena parroquia; Stein, na que se asenta o berce representativo, do satanismo.

Desde a abadía ensinan os únicos e verdaderos “cinco mandamentos” nos que aseguran, cumprimentar a experiencia da liberdade absoluta… que se acadará: “Facendo o amor con quen se queira, morrendo como se desexe e matando a quenes  priven destes dereitos”.

O seu lider;    Claude Déplace, que predica o sermón da montaña pero ao revés: “benaventurados os violentos, porque deles será o reino da terra. Se alguén golpea a nosa meixela, golpeadlle a él a súa”.

Vale, sí, un é ateo,  despois da semana santa, con tanto tricornio nas procesións, e as ameazas do goberno, a declararnos criminais por manifestarnos ou autoconvocarnos pola rede, me estan dando unhas gañas de praticar esa relixión suiza…por probar

(escea de Bonnie & Clyde, filme que escadandalizou na súa época polo seu  salvaxismo e deseperación)

 

Sobredose: A vindeira crise financeira

Deixar un comentario

Cando se realiza un diagnóstico profundo acerca do gran desafío da humanidade nos tempos presentes, atopamos que o mapa da crise sistémica á que nos enfrontamos está composto por catro elementos principais, altamente interrelacionados: Economía, Enerxía, Presión Demográfica e Medio Ambiente.

Neste tempos, en que as sociedades buscan líderes fortes e solucións simples, corremos o risco do liderazgo doss demagogos e populistas.  Pero… ¿Que pasaría se os artiluxios económicos que se están plantexando somo solución son os mesmos erros que provocaron este desastre?

O  documental Overdose describe e analiza a historia da maior crise económica da nosa época: a que aínda está por vir.

Cando estopou a burbulla  financeira global, a solución foi baixar as taxas dos xuros e inxectar miles de millóns de dólares sen respaldo a un sistema bancario enfermo.

Xustamente esa solución foi o problema, e por iso a próxima crise será peor.  Os gobernos estanse a quedar sen combustible para alimentar a economía.

Pode ser que aínda esteen en condicións de salvar aos bancos, pero de agora en adiante a pregunta más inquietante é quen salvará aos gobiernos…
As previsións apuntan a que o xigantesco endebedamento sen precedentes de todos os países superará o 100% do PIB en breve.

Que sucederá cando se produza o inevitable efecto dominó en toda a economía mundial?

Presentamos a continuación, o documental, do sueco Martin Borgs, de apenas 47 minutos, que agardemos disfrutedes, si podedes. (en V.O.S.E.)

 

 

A prostitución das axudas cinematográficas

Deixar un comentario

Tinieblas González (Ourensán de nacimento, e vasco de adopción) é un director de curtas exitosas ( Por un infante difunto ou The Raven -algunha delas vista no OUFF-).

Ao fio da frustrante experiencia, cuns produtores (José Mª Calleja de Orduña, Rafael Valentín, Pino Moreau e Yan Fisher Romanovsky ) que roubaron a súa primeira ópera prima, fixo, o que moitos non se atreven; case todos saben, e case ninguén dúbida; denunciar a prostitución das axudas ao cine.

Este é a súa pública denuncia, que polo seu interese e claridade, merece a pena dar a coñecer.

Máis información sobre o caso Tinieblas, aqui e aqui.

Tamén hai unha serie de excelentes e documentados artigos sobre as axudas;

Desmontando o cine español | Rumores que matan | Caso Salomón Shang

E por último, e non menos importante, as denuncias dos cineclubes galegos

OUFF 2011 (2)

1 comentario

Toca esta semana, e antes de que comece mañan o festival, unha lista de recomendacións, que son ineludibles, a fin que,  cadaún se organice como poida.

Dentro da sección competitiva de longas, destacamos tres produccións: A primeira, que non podedes perder, é Marham (Salvación), unha producción iraní de  Alireza Davoodnejad -realizador que ten gañado un montón de premios, incluso o filme que se estrea en España, ten recibido no festival de Dubai, o premio á mellor actriz, e que actriz. Seguro, que este filme, non voltará sen premio.

O relato céntrase, nunha moza dunha familia pobre, que  sucumbe á adicción e escapa de casa. A súa avoa séguea como unha sombra coa fin de axudala. A película mostra a unha xeración que está máis preto dos seus avós que dos seus propios pais.

A seguinte recomendación, pola crítica velada aos pánicos mundiais de gripes alfabéticas, é para Fase 7 ( de Arxentina) dirixida por Nicolás Goldbart (Realizador que colabora habitualmente con Pablo Trapero, que ven de recibir  o premio ao mellor guión, no último pasado Festival de Sitges)

Conta unha crónica satírica sobre unha unha epidemia mortal en Arxentina, cun Federico Luppi terrorífico.

Se ides ver, Siberia. Monamour (Rusia) de Slava Ross, atentos á brutal secuencia inicial. O filme gañou os premios de mellor actor, mellor película nos festivais Spirit of fire, RIFF e Cinema Jove 2011.

A historia comenza, nunha aldea abandonada da Taiga, e ten unha dirección de fotografia realmente espectacular.

Ouff 2011; Frame de Podslon (Fogar) Por último, dentro do apartado de competición, e sen que desmerezamos, as excelentes pelis xermanas e a representante suíza, chamamos a atención de  Podslon (Fogar) producción Búlgara de Dragomir Sholev, filme pequeno, pero moi interesante, que trata das relaccións interxeracionais. Ten recibido xa, o premio á mellor ópera prima, e fotografia, no festival de Zlatna Roza, e mellor director no festival de Bratislava.

Na sección de curtas, é imposible trazar unha selección aos diferentes circuítos, pero debedes ter en conta os seguintes traballos, que xa recibiron algún premio en festivais, antes de chegar a Ourense; A Fuxida de Victor Carrey, O Espello de Laurent Fauchère & Antoine Tinguely, O piano de Levon Minasian, Lin de Piers Thompson, O transportista de persoas de Antarés Bassis.

En canto aos ciclos temáticos, permitirnos advertir, pola curiosidade de ollar  títulos inéditos e interesantes, aos seguintes:

No apartado de comedia; Operation Casablanca Laurent Nègre (SUI,CAN,FRA). (Un pouco friki, e delirante)

En Igualdade; Unha muller, dúas vidas François Delisle (BEL) -moi dura, e ao mesmo tempo fermosa-

En visións de América latina; Gatos vellos de  Pedro Peirano e Sebastián Silva (CHIL,USA), Abel  de Diego Luna (MÉX), -premio horizontes latino Fest. S. Sebastián e ariel ao mellor guión-, e Carancho, do sempre solvente  Pablo Trapero (ARX), cunha interpretación potente de Ricardo Darin, e con elementos de intriga e drama social.

Rematamos, sen desmerecer a Wellcome en visións da Europa atlántica, e o habitual  Panorama Galicia, para repasar os últimos traballos feitos en Galicia.

Agardamos, gosten do cine, intensamente, agradecendo ademáis este ano, pola falta de costume, que a web do festival, teña TODA a información, antes de que comece o festival, será casualmente a falla do anterior director, unha cualidade de organización?

PD.- Unha última recomendación, para os que poidan asistir, polo especial do horario; o próximo día 18, martes, ás 10 e media da mañán, estará no Centro cultural da Deputación o avogado David Bravo, especialista en dereitos de autor e licenzas de difusión creative commons.

Máis info do OUFF, aqui.

OUFF 2011 (1)

Deixar un comentario

Apenas quedan un días, e hoxe imos a avanzar, -ao noso xuízo- os traballos documentais que se presentan a competición, e que cremos  poden gozar da simpatía dos espectadores.

A primeira recomendación, é “O neno Mir: 10 anos en Afganistán” de Phil Grabsky. Lauredao director, que xa recibíu premios polo traballo que presenta en Ourense (Sala 6 do Cinebox,  17 Out; 23 h., 18 Out; 17 h. e o 20 Out; 20:00h)

O documental, segue, despois de 10 anos de rodaxe en Afganistán, ao descarado e entusiasta Mir desde os 8 aos 18 anos, no lugar máis difícil da terra.

O edificio dos chilenos” de Macarena Aguiló , (Sala 8 do Cinebox; 14 Out; 20:00h 15 Out; 23:00h e 17 Out; 17:00h) conta  a historia dos militantes do Movemento de Esquerda Revolucionaria (MIR) exiliados en Europa desde os anos 70, e que  regresaron a Chile a loitar clandestinamente contra a ditadura.

Na seguinte recomendación, intuimos un ton humoristico;  “Pandore” de Virgil Vernier, que conta as tribulación dun porteiro de discoteca, á hora de seleccionar á clientela.

Xa recibiu varios premios, e dura tan só 36 minutos, proxectandose  o 18, 19 e 20 de outubro na sala sala 6 do Cinebox (20,17 e 23 h)

Por último,  un traballo iraní (atentos ao filme iraní, do que falaremos a semana que ven) ” The Green Wave” de Ali Samadi Ahadi, conta  os dramáticos sucesos anteriores e posteriores das eleccións presidenciais de 2009 en Irán, compartindo os sentimentos da xente durante a histórica revolución verde.

Indudablemente, non nos facemos responsables, se vostedes perden algunha xoia non mencionada, porén este artigo, non deixa de ser  un avance resumido dos traballos documentais, que nos parecen interesantes a priori.

Máis información dos restantes documentais; aqui 

A web do festival; ouff.org

Older Entries