OUFF 2011 (2)

1 comentario

Toca esta semana, e antes de que comece mañan o festival, unha lista de recomendacións, que son ineludibles, a fin que,  cadaún se organice como poida.

Dentro da sección competitiva de longas, destacamos tres produccións: A primeira, que non podedes perder, é Marham (Salvación), unha producción iraní de  Alireza Davoodnejad -realizador que ten gañado un montón de premios, incluso o filme que se estrea en España, ten recibido no festival de Dubai, o premio á mellor actriz, e que actriz. Seguro, que este filme, non voltará sen premio.

O relato céntrase, nunha moza dunha familia pobre, que  sucumbe á adicción e escapa de casa. A súa avoa séguea como unha sombra coa fin de axudala. A película mostra a unha xeración que está máis preto dos seus avós que dos seus propios pais.

A seguinte recomendación, pola crítica velada aos pánicos mundiais de gripes alfabéticas, é para Fase 7 ( de Arxentina) dirixida por Nicolás Goldbart (Realizador que colabora habitualmente con Pablo Trapero, que ven de recibir  o premio ao mellor guión, no último pasado Festival de Sitges)

Conta unha crónica satírica sobre unha unha epidemia mortal en Arxentina, cun Federico Luppi terrorífico.

Se ides ver, Siberia. Monamour (Rusia) de Slava Ross, atentos á brutal secuencia inicial. O filme gañou os premios de mellor actor, mellor película nos festivais Spirit of fire, RIFF e Cinema Jove 2011.

A historia comenza, nunha aldea abandonada da Taiga, e ten unha dirección de fotografia realmente espectacular.

Ouff 2011; Frame de Podslon (Fogar) Por último, dentro do apartado de competición, e sen que desmerezamos, as excelentes pelis xermanas e a representante suíza, chamamos a atención de  Podslon (Fogar) producción Búlgara de Dragomir Sholev, filme pequeno, pero moi interesante, que trata das relaccións interxeracionais. Ten recibido xa, o premio á mellor ópera prima, e fotografia, no festival de Zlatna Roza, e mellor director no festival de Bratislava.

Na sección de curtas, é imposible trazar unha selección aos diferentes circuítos, pero debedes ter en conta os seguintes traballos, que xa recibiron algún premio en festivais, antes de chegar a Ourense; A Fuxida de Victor Carrey, O Espello de Laurent Fauchère & Antoine Tinguely, O piano de Levon Minasian, Lin de Piers Thompson, O transportista de persoas de Antarés Bassis.

En canto aos ciclos temáticos, permitirnos advertir, pola curiosidade de ollar  títulos inéditos e interesantes, aos seguintes:

No apartado de comedia; Operation Casablanca Laurent Nègre (SUI,CAN,FRA). (Un pouco friki, e delirante)

En Igualdade; Unha muller, dúas vidas François Delisle (BEL) -moi dura, e ao mesmo tempo fermosa-

En visións de América latina; Gatos vellos de  Pedro Peirano e Sebastián Silva (CHIL,USA), Abel  de Diego Luna (MÉX), -premio horizontes latino Fest. S. Sebastián e ariel ao mellor guión-, e Carancho, do sempre solvente  Pablo Trapero (ARX), cunha interpretación potente de Ricardo Darin, e con elementos de intriga e drama social.

Rematamos, sen desmerecer a Wellcome en visións da Europa atlántica, e o habitual  Panorama Galicia, para repasar os últimos traballos feitos en Galicia.

Agardamos, gosten do cine, intensamente, agradecendo ademáis este ano, pola falta de costume, que a web do festival, teña TODA a información, antes de que comece o festival, será casualmente a falla do anterior director, unha cualidade de organización?

PD.- Unha última recomendación, para os que poidan asistir, polo especial do horario; o próximo día 18, martes, ás 10 e media da mañán, estará no Centro cultural da Deputación o avogado David Bravo, especialista en dereitos de autor e licenzas de difusión creative commons.

Máis info do OUFF, aqui.

OUFF 2011 (1)

Deixar un comentario

Apenas quedan un días, e hoxe imos a avanzar, -ao noso xuízo- os traballos documentais que se presentan a competición, e que cremos  poden gozar da simpatía dos espectadores.

A primeira recomendación, é “O neno Mir: 10 anos en Afganistán” de Phil Grabsky. Lauredao director, que xa recibíu premios polo traballo que presenta en Ourense (Sala 6 do Cinebox,  17 Out; 23 h., 18 Out; 17 h. e o 20 Out; 20:00h)

O documental, segue, despois de 10 anos de rodaxe en Afganistán, ao descarado e entusiasta Mir desde os 8 aos 18 anos, no lugar máis difícil da terra.

O edificio dos chilenos” de Macarena Aguiló , (Sala 8 do Cinebox; 14 Out; 20:00h 15 Out; 23:00h e 17 Out; 17:00h) conta  a historia dos militantes do Movemento de Esquerda Revolucionaria (MIR) exiliados en Europa desde os anos 70, e que  regresaron a Chile a loitar clandestinamente contra a ditadura.

Na seguinte recomendación, intuimos un ton humoristico;  ”Pandore” de Virgil Vernier, que conta as tribulación dun porteiro de discoteca, á hora de seleccionar á clientela.

Xa recibiu varios premios, e dura tan só 36 minutos, proxectandose  o 18, 19 e 20 de outubro na sala sala 6 do Cinebox (20,17 e 23 h)

Por último,  un traballo iraní (atentos ao filme iraní, do que falaremos a semana que ven) ” The Green Wave” de Ali Samadi Ahadi, conta  os dramáticos sucesos anteriores e posteriores das eleccións presidenciais de 2009 en Irán, compartindo os sentimentos da xente durante a histórica revolución verde.

Indudablemente, non nos facemos responsables, se vostedes perden algunha xoia non mencionada, porén este artigo, non deixa de ser  un avance resumido dos traballos documentais, que nos parecen interesantes a priori.

Máis información dos restantes documentais; aqui 

A web do festival; ouff.org

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.