Estreada un 24 de marzo de 1948 en España, o sonado filme de FranK Capra, din que é a bo seguro, un dos filmes máis televisados do mundo, e este ano adquire certa relevancia por dous motivos; A crise económica e os dereitos de autor.

A primeira razón esta ben explicada na seguinte secuencia:

A outra é, que precisamente por estar liberada dos prazos de propiedade intelectual, é televisada polo aforro dos custes.

Nestes tormentosos días en que uns poucos, -no nome dos “creadores”- e os demáis asustados pola incipente censura en internet, esta claro que adquire máis relevancia si cabe.

A pesar de todo, sempre vale a pena vela, por ser un fermoso conto de nadal.

Xa sabedes que durante esta semana, o cineclube, programou varios filmes sobre o xénero documental.

Facer un resumo é complicado, (Aínda non vín  “Man on wirre) ” máis eu destacaría o “estilo Jordá” de Abel G. Roures en “Una cierta verdad”, aínda que desde logo critico, o excesivo metraxe.

“Sicko” de Michael Moore, destaca a diferenza doutros traballos, na súa profundizacióne documentación, aínda que desde logo non esquence, os fogos de artificio e espectáculo como, cando leva os enfermos a Guantánamo. Incluso abusa de certa sensibelería  no encontro cos bombeiros cubanos.

Hoxe o escoitaredes na radio coa voz de Javier Corcuera (La espalda del mundo), que hai un punto grandioso nos documentais, que o dan os protagonistas.

En “Una cierta verdad” é Javier, e en Sicko, pode semellar por exemplo que non nos afecta, -fala da sanidade americana-  , son varios os casos amosados, desde un ponto de vista de enfermos, e do sistema, e sen embargo, hai unha lección -nesta parte- que expoño; un parlamentario británico (laborista)  da unha lección sobre a manipulación da sociedade, que non deberíamos esquecer.

(Esta a partir do min. 7:06 até o min. 8:33)

Resumo: “A democracia é o máis revolucionario do mundo, incluso máis cunha idea socialista, os capitalistas mencionan a liberdade de elexir, máis si estas cheo de débedas, non tes posibilidade de elexir, porque desesperas, -e así non votas-, te desmoralizas, te enches de pesimismo…e se ademáis te asustan, xa estas controlado!. Un país sano e educado é máis difícil de gobernar. Non queren un país sano e educado, porque perderían o control”

Aínda que se sabía co silencio que só posúen as grandes estrelas, dos seus achaques, hoxe sorprendía a morte de José Luis López Vázquez, o mesmo día que se celebra en España o santo dos fieis defuntos. Quizais o guión estee escrito por Berlanga, e que mellor día, para burlarse tambén da morte coma antes o fixera no “Verdugo”. Hai moitas esceas, e traballos de Don José Luis López Vázquez, mais eu destacaría Plácido.

Clásico filme español inesgotable de todos os tempos “pracer” é unha das obras mestras fundamentais e indiscutible do cine por Luis García Berlanga. Películas no auxe da súa creatividade, en un período negro, onde a censura feroz do réxime de Franco agroma o enxeño e imaxinación dos escritores “Plácido” convértese, despois da discusión dun guión complicado, perfís e mal intencións se Berlanga e Rafael Azcona e baixo a dirección afiada dun Berlanga, lonxe do cariño dos seus ollos emana en traballos anteriores, unha comedia de coral falsa e unha reflexión amarga, pesimista e cruel na sociedade española da época. En parte responsable do pagamento do neo-realismo tardío, tanto en forma e substancia, “pracer” é tanto unha visión cáustica da realidade e un retrato impiedosa e implacable da España do pandeiro, profundo, escuro e reaccionaria, que desgraciadamente segue vigor en grandes segmentos da sociedade española de hoxe.

Aínda así, tedes moito onde elixir, da súa extensisíma filmografia, desde a “Cabina” (premio Emmy da Tv.), “Atraco ás tres” ou mesmo as comedias lixeiras das suecas, para pasar ratos con “Miña querida señorita”. Don José Luis López Vázquez, prototipo dun actor forma parte da mesma lenda que os protagonistas teatrais que o acompañaron na súa última aventura teatral “Tres homes e un destino” (Agustín González e Manuel Aleixandre). Agora só falla, que Don Manuel Alexandre, (outro dos grandes) dure uns anos par mais, para ir levando o baleiro deixado.

Imaxe de José Luis López Vázquez, caracterizado de Romasanta

Postdata; Non deixedes de visitar a páxina de “El cine de lo que yo te diga” e os seus magnificos especiais sobre este grande do cine.

Despois da polémica, comentada no programa, ao fio do último filme de Amenabar (Recomendo firmemente “Ágora”), hoxe vos poño o filme polo que morreu The Van Gogh, director de cine holandés.

As relixións organizadas foron sempre o obxecto do seu  sarcasmo. O seu último libro Allah weet het beter («Alá o sabe mellor», 1993), onde con estilo irónico e cínico presentaba a  súa visión demoledora do Islam, como ameaza directa ás sociedades democráticas occidentais.

A curta, aborda o tema da violencia contra as mulleres nas sociedades islámicas, e emitiuse na televisión holandesa en agosto de 2004, provocando unha grande indignación entre os musulmáns, que o tacharon de «blasfemo».

Como podedes observar, todas as relixións, en maior ou menor media reaccionan do mesmo xeito.

Theo Van Gogh,  (bisneto do irmán do famoso pintor holandés Vincent van Gogh) morreu asasinado no 2004, un 2 de novembro, a mans dun islamista holandés de orixe marroquí.

Postdata. O ano pasado, por estas datas máis ou menos, falamos de Pier Paolo Pasolini, e da súa brutal morte. Que casualidades teñen as datas, e canta intolerancia e opresión.

Non estamos na época de crise que sofremos para tirar cohetes, e semella que a nivel creativo, dada a selección feita polo festival de cine de Ourense, que tampouco.

Tan só do visto, podo lembrar, -que non recomendar dada a grella de programación- a xenial e encantadora “The visitor”.

Cando saía en video, non a perda!

Talvez, si se pode aventurar que hai unha pouca más coordinación que no anterior, aínda que siguen existir fallos de horario e sobre todo do excesivo protagonismo do director do festival.

Diante da eliminación da música galega do programa ABERTO POR REFORMAS , e en relación coa deformación e perversion dos seus contidos…

Consideramos que este programa viña sendo…

  • Un programa plural,  cun forte pulo dinamizador para a música que se está a facer hoxe na nosa lingua.
  • Un programa, enraizado na radio de todos e todas as galegas, cunha vocación pública fundamental,  que axudaba a tecer os fios da rede socio-cultural da música galega.
  • Un programa que materializaba de forma sobresaliente a natureza e principios da propia CRTVG, no artigo primeiro da súa Lei de Creación: a promoción, difusión e impulso da lingua galega .

…e por iso…


  • Entendemos que esta medida de eliminación da música en língua galega supón un paso máis na política de represión, empobrecemento e marxinación que os responsábeis políticos da Xunta de Galiza están a realizar contra a lingua e a cultura dos galegos e galegas.
  • Queremos denunciar, como xente preocupada pola nosa música e a nosa cultura, esta agresión dirixida –cunha intención política e simbólica evidente- contra un dos veículos de comunicación do movimento de Rexurdimento Musical que as novas xerazóns do mundo da música estamos a protagonizar, impulsado por unha sociedade que sabe valorar a sua criatividade.
  • Queremos posicionarnos e defender de forma decidida, belixerante e irrenunciábel a presenza da música galega na nosa Radio Pública.
  • Queremos dirixirnos á xente sensível coa nosa cultura e coa nosa música, para sumarse a esta denuncia, a esta reivindicación lexítima: A MÚSICA GALEGA DE VOLTA Á RÁDIO GALEGA!
  • Pedimos que se restableza un programa diario que de conta dos traballos musicais editados en galego e que conte cos seus protagonistas e que a nova programación non elimine contidos culturais propios en todas as súas variantes: música, cine, libros e arte en xeral.

Desde “A la Tarde SER”, non podemos máis que sumarnos a esta iniciativa a prol da liberdade.

Enlace de referencia da campaña e manifesto completo

Aproveitando o paso de Mayte Cruz, o pasado luns, e procurando un documental estreado fai dous anos no Play-Doc, atopei éste – emitido no Discovery-, que sirve para darlle máis relieve  á situación comentada, no ar das ondas silenciosas da estupefacción, pola xove avogada galega.

O silencio en Ciudad Juárez

Parte 1

Parte 2

Parte 3

Parte 4

Máis información; Así empezou todo / Mulleres de Juárez

Audrey Hepburn (4 de maio de 1929 – 20 de xaneiro de 1993) atriz anglo-Belga, Coñecida por ser a primeira atriz que puxo en tendencia o casual-glamour. Fresca na pantalla, humanitaria na vida real, sufriu a segunda guerra mundial, que a obrigou a aprender varios idiomas, para evitar a súa ascendencia inglesa. (Falaba Alemán, holandés, e incluso chapurreaba o español). A súa grande e oportunidade veu co musical de Broadway Gigi (1951). Do  mesmo xeito participou en “Vacaciones en Roma” (1953), polo que gañou o Óscar pola mellor interpretación femenina.

Durante os seguintes anos,  Audrey convirtiuse nunha das actrices máis recoñecidas pola súa beleza natural, icona de sinxeleza. Foi moi querida e popular e chegou a protagonizar case unha treintena de filmes.A pesar dalgúns achaques físicos e de saude bailaba secretamente. O recaudado por eses bailes o donaba á resistencia holandesa. Sobre esa época dixo; ” O mellor público que tiven na miña vida, non facían nin un só son ao rematar a función”. Seu tío e un curman da súa nai foron fusilados como membros da resistencia, sei irman Ian estivo nun campo de concentración. As carencias daquela época provocaronlle problemas respiratorios.

En 1991 Audrey dixo: “teño lembranzas. Lembro unha estación de tren, como levaban aos xudios, e lembro especialmente a un neno, pálido, rubio e cun abrigo moi grande. Lembro como entraba no tren, eu era una nena, observando a un neno”.

Audrey tamén notou as semellanzas entre ela e Anne Frank. “Tiña exactamente a mesma idade que Anne Frank. Un amigo deume o libro de Anne en holandes en 1946. O lin e destruíme. (O libro ten este efecto sobre moitos lectores)… Era a miña vida, non voltei a ser a mesma desde que o lín”

“Vimos fusilamentos. Vimos a homes novos poñerse cara a parede e ser disparados. Pechaban a rúa e despois a voltaban a abrir, podías pasar por ese mismo lugar. Teño marcado un lugar no diario, no cal Anne di que fusilaron a cinco rehéns. Ese foi o día en que fusilaron ao meu tío. As palabras de Frank eran unha reportaxe feito entre catro paredes de todo o que sentía”

Da súa filmografía destaca; Dos en la carretera, Cómo robar un millón,  Sabrina, Una cara con ángel, My Fair Lady (1964; o famoso musical multioscarizado), Breakfast at Tiffany’s (1961).

No filme “Vacaciones en Roma” de de William Wyler, os produtores querían a Elizabeth, mais Wyler quedou impresionado pola proba de cámara de Audrey.  Wyler dixo: “Ten todas as cousas que procuro: encanto, inocencia e talento. Ademáis é moi divertida. É absolutamente encantadora”. Este “enganche” contaxiou tamén ao seu compañeiro de reparto, Gregory Peck. Él era unha estrela consagrada e o seu nome tiña máis importancia que o “presentado a Audrey Hepburn”. Cando rematou a rodaxe, Peck chamou ao seu axente e pediu que lle deran a mesma importancia aos dou nomes. Peck prediciu que ela gañaría o óscar, e rumoreouse que que chegaron a ter unha relación amorosa.

Durante a filmación de Sabrina, Audrey e William Holden mantiveron unha relación amorosa, ela pensaba que acabarían casándose e tendo fillos, mais a relación truncouse cando se enterou que Holden tiña practicada a vasectomía. Seu papel de Sabrina valeulle unha nominación ao Óscar (premio que finalmente gañou Grace Kelly con “Anguría de vivir”  de George Elgin,  en 1954).

Todo o mundo en Hollywood tiña unha excelente opinión sobre a actriz, Cary Grant, que amaba o sentido de humor de Audrey, dixo nunha ocasión “todo o que pido polo nadal é facer outra película xunto a Audrey Hepburn”

O elegante vestiarío de “Almorzo con diamantes ” diseñouno  Givenchy. Inicialmente o papel era para Marilyn, mais cansada de papeis de tonta, o rexeitou, e sen lugar a dúbidas, convertiuse no máis popular da súa carreira. A historia orixinal de Truman Capote (amigo de Marilyn Monroe) variou, deixando o papel de ser bisexual e alixeirando o seu traballo de prostituta. Recibiu unha nominación ao Óscar, -que gañou nesta ocasión Sofia Loren, con “Matrimonio á italiana ” de Vittorio de Sica en  1964-.

Hepburn estabilizouse como unha das actrices máis populares de América. En 1963 cantoulle o Feliz cumpleanos ao presidente Kennedy como Marilyn Monroe fixera un ano antes. A pesar disto, viviu unha vida moito máis reservada e humilde que a maioría das estrelas. Residiu en casas, nunca en mansións, cultivaba a súa propia horta e tiña un traballo comprometido  con UNICEF e África.

Faleceu de cáncer en Suiza, o 20 de xaneiro de 1993 aos 63 anos de idade.

Aparte do óscar de “Vacacións en Roma” (1954) recibiu varias nominacións e outros premios como o globo de Ouro, o Batfa…, e en 1959, no Festival de S. Sebastian deronlle o premio á mellor actriz (Historias dunha monxa) Película da que máis contenta se sentiu.

Marta Arribas dimite das súas funcións de termalismo, despois de ser ninguneada pola tenencia de alcaldía no seu periplo por balnearios europeos, co obxectivo de aforrar.

Semella que o obxectivo, truncouse pola cantidade desembolsada; máis 19 de euros.

O outro día falamos de Lawrence de Arabia, e hai unha frase excepcional para hoxe que di Peter O´Toole; ” Pode haber honra entre ladróns, mais nunca existirá entre políticos”

Silvana Mangano (Roma 23/04/1930-Madrid 16/12/1989). Modelo, bailarina e actriz italiana, que ademáis gañou o título Miss Italia en 1946.

Foi unha estrela do cine italiano,  como Gina Lollobrigida, Eleonora Rossi Drago e Gianna Maria Canale.

A súa primeira participación no cine foi froito da súa relación con  Marcello Mastroianni.  Aínda que nunca chegou a altura das súas contemporáneas Sophia Loren e Gina Lollobrigida, Mangano permaneciu como unhas das estrelas favoritas entre os anos 50 e 70, aparecendo en Ana (Alberto Lattuada, 1951), El oro de Nápoles (L’ Oro di Napoli, Vittorio De Sica, 1954), Mambo (Robert Rossen, 1954), Teorema (Teorema, Pier Paolo Pasolini, 1968), e Muerte en Venecia (Morte a Venezia, Luchino Visconti, 1971).

Casouse co produtor de Arroz amargo Dino De Laurentiis, co que tivo catro fillos, unha das cales; Raffaella, coproduciu co seu pai unha das  últimas películas de Mangano, Dune (David Lynch, 1984).

Silvana Mangano morreu de cáncer de pulmón en Madrid, á idade de 59 anos.

Hai unha cousa que coincide con Marlyn, (Outras das musas que tamén falaremos no programa, co gallo de I.A.L. Diamond) e, é que cantaba ben.

Páxina seguinte »